Tuesday 14 de May de 2024

A Xunta de Galicia vén de facer públicas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017


A axuda consiste nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos (nados entre o 2 de xaneiro de 2014 e o 1 de xaneiro de 2017), sendo de 360 euros para o primeiro fillo ou filla, 1.200 para o segundo fillo ou filla, e 2.400 para o terceiro ou sucesivos
O prazo para facer efectivas as solicitudes remata o 26 de maio de 2017
As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria no DOG. Núm. 65, do luns, 3 de abril de 2017, na web de Política Social, ou nas dependencias de Servizos Sociais